sábado, 2 de octubre de 2010

Cronica

Un domingo mais coma cada mes os de "Paso Miúdo" saímos de andaina, esta vez ata Asturias concretamente a Pedroveya non antes sen parar a tomar o café de rigor na "Lupa".
En Pedroveya, 12 sendeiristas iniciámola nosa ruta descendendo polo desfiladero do río "Las Xanas".
Pasamos bosques de castaños, antigos muíños, túneles labrados en pedra viva... así ata chegar a o pobo de Vilanova, onde enlazamos coa "Senda del Oso" ata onde están as osas Paca e Tola que nesta tempada tiñan un compañeiro, Furaco.
Xantamos todos xuntos nesta area recreativa e logo de tomalo café e durmir a sesta decidimos volver a casa, non sen antes volver a parar na "Lupa", alguén preguntou si tiñamos comisión.
Polas sete da tarde chegamos de volta a Ferreira, esperemos que na seguinte ruta teñamos mais xente.

Angel Rivas